Saturday 27 de April de 2024

O concerto de De Vacas na Pobra cambia de data por mor do mal tempo


A mala previsión meteorolóxica para a tarde-noite do día 5 de maio motiva que se cambie de data o concerto de De Vacas na Pobra.

Esta sesión musical atopábase ó abeiro do ciclo Música no solpor organizado pola Concellaría da Cultura.

Inicialmente o grupo poderá visita-lo municipio pobrense cara ó mes de agosto, do cal se dará información máis detallada nos días previos á actuación.